viernes, 25 de mayo de 2007

Fin de campaña

Tamos rematando a campaña municipal, e si onte RO posteaba mentres escoitaba a berbena de Julio Sacristán, eu posteo escoitando o debate que manteñen os candidatos á alcaldía de Culleredo...

Rioboo falando de "visión positiva de Culleredo", Sacristán defendendo a lóxica de que en 2007 teñamos aínda en vigor o p.x.o.u.m. de 1987, que para qué queremos outro.... xúntanse a fame e as gañas de comer.

Gorostizu (meu querido Gorostizu) explicando as vantaxes de facer un novo Vallecas, porque claro, non vamos mezclar os pisos da xente de ben cos da xentuza...

E Raquel, qué podo dicir de Raquel? como partícipe da súa candidatura, e téndoa visto explicándolles ós veciñ@s de Culleredo o noso programa, felicitala pola súa claridade e sensatez, a estas alturas xa só nos queda agardar á decisión que tomen @s nos@s veciñ@s de Culleredo o próximo domingo.

HUI, RIOBOO NON SE MOLLA EN SI AMPLIARÍA O AEROPORTO DE ALVEDRO OU NON!!! Vaia cagada!!!!!!!!!!!!! Di que por el o pecharía... cagada sobre cagada. Dalles duro, Raquel, que temos os deberes ben feitiños.

Onte, cando cheguei a casa de repasar os carteis e pór os que anunciaban a festa de fin de campaña en Vilaboa, RO xa durmía.

Deixárame a cea feita e roncaba como unha santiña, leva unha semana moi mala e aínda así foi quen de poñer a andar este blog. Sinto que durante estes quince días de campaña non pudera estar con ela tanto tempo como se merece, houbo días en que non nos vimos nin para comer.

É unha rapaza realmente especial.

http://www.youtube.com/watch?v=PWHv4u1aadc

No hay comentarios.: