Viva o camping gas!!!
Hoxe é noticia a participación de Ferrán Adriá na feira Documenta, en Kassel, Alemaña. E noticia polémica, pois Documenta é un evento quinquenal adicado á arte con maiúsculas.
Problema? Pois son básicamente dous:
En primeiro lugar, é a cociña arte? Home, pois eu penso que si, sobre todo cando vexo o que algúns consiguen facer cunhas pataquiñas e uns ovos nunha sartén e o que me sae a min...
En segundo lugar, que celebrándose a feira en Alemaña, a participación de Adriá consiste en levar a Documenta ó Bulli...
Este Adriá é un fenómeno, nos convence pa empezar de que a cociña é arte (porque non o estaredes dubidando?) e despois vai e convence ós alemáns (sí sí sí: ós alemáns, que pensabamos que eran os máis sesudos de Europa e confiabamos neles como motor da Unión... que enganadiños nos tiñan!!!) de que a millor forma de participar na súa feira é que se collan a maleta e lle vaian facer unha visita á súa casa... porque claro, "hace veinte años que no cocino fuera de El Bulli, porque no concibo otra experiencia", ademáis, ós do Documenta non lles gostaría que tivese que deixar de facer arte no seu restaurante durante cen días, casi ná, coa lista de espera que hai pa ir comer alí!!!O que non me explico é: como fan nos NH para ofrecernos a cociña de Adriá nos seus hoteis?
Claro que esa non é feita por Adriá en persoa, tal vez por un familar lonxano co que se leva meridianamente ben...



No hay comentarios.:
Publicar un comentario