'Hay que ir preparando las sucesiones'
A que non adivinan quen pronunciou esta frase?
Pois nada máis e nada menos que D. Manuel Fraga Iribarne, todo un exemplo á hora de dar paso ás novas xeracións (preparou a súa sucesión durante lexislaturas enteiras... pero ó final o partido sempre lle suplicaba que repetira...)
E o di nun acto con simpatizantes, referíndose á polémica sobre a presentación de Ruíz Gallardón como candidato ó Congreso e a reacción que causou entre os seus compañeiros de partido.
Que lles parece?
A min deixame pasmado, tanto polo diferente que se ven as cousas cando non es ti quen ten que deixar paso, como polas contas que deben estar botando no PP a cinco meses vista das eleccións xerais.
Xa me tarda saber a contestación de Rajoy, Zaplana & friends



2 comentarios:
As sucesions son, non so loxicas senon imprescindibles nun estado democratico como o noso, pero sen dubida nunca han de ser forzadas, prova de ello e que Don Manuel Fraga fixolo no intre xusto, e eso e o mesmo que todos desexamos que faga o Sr. Rajoy, galego coma el a a sua altura. Todo o partido esta con el e claro esta que cando a oposicion non o quer, sera por medo, prefiriran otro contrincante peor?
Aínda teñen un peor?
Publicar un comentario