Nos mundos de Yupi...
Seguramente saberedes da polémica que se ten montado estes días sobre as persoas que, por esas cousas de meigas tan típicas na Galiza, foron incluídas nas listas do PP vasco sen o seu consentemento.
Pois a nova de hoxe é que a comisión de investigación que montou o PPdG (para quen non estea ó tanto, "Partido Popular de Galicia", partido integrado no Partido Popular pero con total autonomía para a toma das súas decisións ;-D) os culpabeis hainos que buscar noutro sitio, eles son totalmente inocentes.
Por si non o credes, déixovos o link á noticia de EUROPA PRESS, para que vexades que non é cousa de independentistas anarco-socialistas masones reintegracionistas galegos, que é unha noticia seria e certa ó cen por cen (ata que o xuiz Juan del Olmo demostre o contrario, claro). Aquí só remarcarei as declaracións do secretario xeral do PPdG:
"Rueda aclarou que a parte "fundamental" desa investigación a realizou o PPdeG do Grove e está asinado polo ex alcalde e actual presidente deste partido na localidade, Miguel Ángel Pérez, que foi chamado a declarar como imputado por parte da Fiscalía"
Que vivan as comisións de investigación!!!!!
Déixovos, que teño unha cita cunha comisión de festas...



No hay comentarios.:
Publicar un comentario