jueves, 9 de agosto de 2007

Quo vadis, serpe multicor?

Pintan bastos para o ciclismo. Hoxe nos enteramos na prensa do veto imposto ó gañador do Tour deste ano, Alberto Contador, na clásica de Hamburgo.

I é que hai sospeitas da súa implicación na Operación Puerto, na que se levantou a trama de dopaxe masiva no ciclismo organizada na clínica de Eufeniano Fuentes, por eso xa o ano pasado o vetaran noutra proba ciclista... no Tour.

Era o que lles faltaba ós organizadores da Grande Bucle, despois dunha edición con continuas sospeitas e agardando noticias sobre quen sería o próximo. E así caeron dous dos principais candidatos ó trunfo final, Vinoukurov e Rasmussen, e vimos ó Tour, por primeira vez sen lider e sen dorsal co número 1, esto último a pesar de Óscar Pereiro.

Xa xurden rumores sobre a súa continuidade no programa olímpico, rumores que se desminten tan rápido como aparecen... pero ahí están.

Que pena, acordádesvos cando éramos máis novos? Chegaba o verán i empezaban coa Vuelta a España, que aínda estabamos acabando as clases e nos asomabamos para velos pasar pola Ponte Pasaxe. E despois o Giro e o Tour, que os viamos pola tele despois do xantar e o rematar a etapa saiamos nas bicis a emular a Perico, a Alvaro Pino, a Fignon e a todos aqueles esforzados da ruta camiño da praia... pero hai nove anos empezaron a caer os mitos

No hay comentarios.: