lunes, 6 de agosto de 2007

Roxo ou branco?

A fin de semana pasa que nin te enteras, e chegamos ó luns bastante renqueantes e xustos de forzas, que casi damos gracias por ter que ir traballar e excusarnos de ir á dichosa sesionciña... que xa é vicio: venres, sábado, domingo e luns... qué ser humano aguanta iso?

Así que perdoade que aínda ando un pouco espeso e non acabo de ver claro cómo falarvos de dous datos que me encontrei este domingo na prensa:

Por un lado, en La Voz de Galicia, nos contaban que dende o ano 2000 RENFE pechou cinco estacións na área das Mariñas, quedando tan só abertas a de Curtis e a de Betanzos-Infesta.

Doutro, en El País, e por mor do colapso das infraestructuras férreas en Catalunya, nos daban o dato de que alí Cercanías de RENFE transporta 120 millóns de pasaxeiros anuais...

Quen no-lo dera aquí!!!! Cando poderemos contar cun servizo de cercanías tan malo como ese? Incluso o aturaríamos peor...

Temos a vía férrea (que pasa por algúns dos núcleos de poboación máis importantes da comarca e chega ata a praza de Ourense), temos as estacións (pechadas criando arañas e ratas) e en Alfonso Molina, en Bens, en Fonteculler, en Vilaboa, en Bastiagueiro, no Carballo, etc etc etc, os conductores padecemos continuos atascos.

E mentras nós seguimos suplicando por un servizo de cercanías, por alá xa van un chanzo máis arriba e andan a pedir a transferencia, que eles saben cuidarse soíños.

Está claro: nunca estamos conformes co que temos, canto máis nos dan máis queremos... Incluso hai xente á que non lle sirve o vermut branco nin o roxo, e o pide mezclado "mitá y mitá", como a carne picada na carnicería...

No hay comentarios.: