miércoles, 5 de septiembre de 2007

Acábase o vran...


Acábase o vran e con el se acaban todas esas festas e romerías dedicadas a santos varios do máis miragreiro... bueno os que se resistan aínda poden disfrutar do Socorro en Carral e das patronais de Ribadeo na honra de Santa María do Campo, e dalgunha outra de última hora...

Ante este declive de convocatorias lúdico-festivas, dende Italia nos invitan a celebrar o V-Day (Vaffanculo Day), un día para acordarnos de todas aquelas cousiñas que ós cidadáns de a pé nos alegran a vida: que volve a subir o euribor (ou seña, a miña queridísima hipoteca), que o colega da mesa do lado vai cobrar 15.000 € máis ca min por facer (no mellor dos casos) o mesmo traballo, o último rumor da separación da Infanta Helena e o Marichalar... esas cousiñas que levades gardadas ahí dentro e que vos fan ferver o sangue cando vos acordades delas...

Así que xa sabedes, o 8 de setembro, día da Natividade da Santísima Virxe, estades convidados. Paga o da mesa do lado.

1 comentario:

Anónimo dijo...

recordoche xomabepo que o 8 de setembro e a Virxe de Cobadonga Patrona de Asturias non deberias olvidalo tendo unha pelaya o lado moitos bicos xoma e ro