Citius, altius, fortius
Preséntovos a Corle, o deseño que vai representar á candidatura olímpica Madrid 2016

Di Joaquín Mallo, o seu xoven autor arxentino, que é unha alegoría da convivencia entre culturas. O deseño foi o vencedor tanto da votación popular (vía internet e urnas) como da do xurado, e Joaquín se levará un premio de 30.000 euros.
Segundo o alcalde de la Villa y Corte, Ilmo. Sr. D. Alberto Ruiz Gallardón, o logo amosa “una mano acogedora”, recolle as cores olímpicas e o eme de Madrid, e dá unha idea da “representación multicultural” da capital de España.
Pero bueno, tendo en conta as posibilidades de éxito da candidatura (as olimpíadas do 2012 serán en Londres, e o Comité Olímpico Internacional non ten por costume repetir continente en dúas edicións consecutivas), tampouco é moi relevante a elección, incluso dubido que mereza un post, non así os 900.000 euros dos orzamentos municipais, que se presupuestaron xa no ano 2006 para “el desarrollo de los trabajos de la candidatura olímpica”.
I eso só para ir empezando, que a elección da cidade olímpica non é ata o 2009.
De todas formas, nos guste ou non nos guste o logo, sempre será millor que coller unha obra de arte e retocala para non molestar sensibilidades pudorosas… por qué non colles outra imaxe que cumpla millor co cometido que se lle vai dar, e que non precise de retoques vergonzantes?
Invítovos a facer zoom sobre a folla de parra que lle endosaron ó pobre David, que aínda se está preguntando que lles pasa ós seus atributos para que se avergoncen deles… e non será envexa? Co que traballou Michelangelo Buonarroti ata conquerir este canon de beleza!!!



No hay comentarios.:
Publicar un comentario