miércoles, 12 de septiembre de 2007

De volta a clase

Estamos no comezo do curso escolar, que nun principio se presenta máis tranquilo que o ano anterior, cando asistimos a numerosas reclamacións pola asignación de plazas.

Este ano parece que a Administración foi máis estricta á hora de solicitar a xustificación dos méritos para acceder ós centros, ó mesmo tempo que concedeu máis importancia ó feito de ter xa un irmán escolarizado no centro.

O que non teño moi claro é a resolución que se lle deu ó conflicto o ano pasado. Porque resultaría un pouco inxusto que o que non se permitía o ano pasado se permitira este, por motivos puramente administrativos, cando o razoamento da Administración o ano pasado nos parecía bastante lóxico, pois que un alumno fora admitido nun centro por ter aportado documentación falsa, non pode significar que o seu irmán se vexa beneficiado tamén desa irregularidade: sería unha irregularidade por partida doble.

Como novidades, o comezo da aplicación da L.O.E. nos niveis de 1º e 2º de primaria e 1º e 3º de Educación Secundaria Obrigatoria.

A nova Lei establece que o alumnado estudará inglés desde os 6 anos, e, nos centros que o soliciten, os pequenos de 3 anos tamén poderán estudar unha primeira lingua estranxeira. Ademais, a partir deste curso ofertarase a segunda lingua estranxeira, con carácter común, en 1º e 2º da ESO, unha materia que até o de agora era optativa.

Tamén se introduce a figura do acompañante escolar en todas as rutas e liñas de autobús e a apertura dos comedores dos colexios dende o primeiro día de clase, alí onde non estean aínda en obras, claro.

De todas formas, non se encariñen demasiado coa presente L.O.E., que para o ano que entra haberá eleccións xerais, e xa andan os partidos falando de novas reformas, que dende que sacaron aquelo do B.U.P. e do C.O.U. saímos a reforma por ano.

É tempo, en definitiva, de mochilas e libros, e por iso nos parece interesante introducir unhas imaxes de España Directo, educativo programa da primeira de TVE que o mesmo fala de mochilas escolares como de festas gastronómicas... o mesmiño que este blog.



Só engadir que, si optamos pola mochila clásica, os materiais máis pesados deben ir pegados á espalda, para distribuir ben o peso.

No hay comentarios.: