Mundial de Rugby - Francia 2007
Este post estaba pensado para o venres día 7, pero non puiden colgalo ata hoxe, cando xa está rematando a primeira xornada de descanso do campeonato.
É que ese día comezaba a Copa do Mundo de Rugby, co partido entre as seleccións de Francia, anfitriona do campeonato, e de Arxentina, a eterna esperanza latinoamericana.
O partido inaugural celebrouse en París, no Stade de France, e as autoridades competentes na materia diseñaran unha campaña publicitaria que tiraba do tópico de París como capital do amor:
Claro que, finalmente, le Bleus, que partían como claros favoritos, tiveron que rendirse ante a maxistral primeira parte dos Pumas, que nesto do rugby moitas veces gaña o máis listo, e pa listos os arxentinos...
Así que os Pumas, que partían nunha segunda liña de favoritos, agora figuran entre os primeiros, e lles deron un bo golpe ós franceses, que agora xogan con toda a presión sobre eles.
Os demáis favoritos cumpliron, uns con máis pena que gloria, pero ata a segunda fase non se deben esperar moitas máis sorpresas.



No hay comentarios.:
Publicar un comentario