Contraprogramación
Vaia éxito o vídeo do PSOE. Para ben ou para mal, todos falan del, que é o que conta nesto da publicidade.
E agora é a hora do contraataque, pero non dende o PP: Segundo nos informa El Mundo, ademáis de que Lacoste está estudando se inicia accións legais polo uso do seu logo, o grupo Intereconomía ven de presentar unha parodia, dentro dun espacio da súa TV (que podedes sintonizar si tedes TDT ou algunha plataforma de pago) chamado “Nada partidarios”, dándolle a volta ó video das Juventudes Socialistas:
Que digo eu que despois pretenderán que creamos que son imparciais, aínda que chega con botarlle un vistazo ó semanario Época, ou escoitar Radio Intereconomía para decatarse do contrario. Pero si con iso non abonda, amenazan con sacar un xornal diario chamado “La Nación” (e supoño que o logo será rojo y gualda… )
E xa que hoxe temos como fonte de información o xornal El Mundo, vouvos deixar un enlace a outra perla, neste caso na súa edición leonesa: unha entrevista ó descafeinado e paciente (ou á inversa, que nunca sei se foi antes o ovo ou a galiña) Anxo Quintana co suxerente título de «Tenemos los brazos abiertos a que el Bierzo se incorpore a Galicia, pero es decisión suya»
Dende que os panzers entraron en Polonia non se vira cousa igual.



No hay comentarios.:
Publicar un comentario