Atlas da corrupción
Hoxe, tras unha breve escapada a Bilbo para ver ó Boss, nos enteramos da detención do alcalde do municipio murciano de Totana e doutras sete persoas, que poderían ser oito á espera do que aconteza co anterior alcalde, actualmente aforado por ser diputado rexional, por unha presunta trama de corrupción urbanística.
Con este xa son 19 membros do Partido Popular os imputados en Murcia por delitos de natureza urbanística (4 alcaldes, 4 directores xerais e 11 cargos que militan no partido), nun total de 22 casos que siguen actualmente abertos (houbo 32 casos que se arquivaron e nos que tamén estaban implicados membros do partido)
A todo esto, o presidente do PP de Murcia responde que se personarán en todas as causas nas que estean implicados membros do seu partido, e resalta que non hai nengunha sentenza condenatoria en firme.
Pois traballo non lle vai faltar. Caseque estou por abrir un bufete de avogados por aqueles lares, a ver si pillamos cacho. O primeiro sería conseguir unha carta de presentación dalgún afiliado de por aquí, que xa sabemos nese mundillo sin recomendación non vas a ningures.
Xa postos a elucubrar (que ben seguro que non ten nada que ver, pero por si acaso...) tamén tivemos noticia estes días da presentación do Atlas da Vivenda pola ministra/candidata Carme Chacón e nel nos informan do acopio de térrenos urbanizables por parte dalgúns particulares (que en principio non é delito, sempre que paguen os seus impostos) e destaca o caso, precisamente, de Murcia, onde un individuo ten 469,1 hectáreas de chan urbanizable en tan só cinco parcelas, e outras 59 hectáreas de terreo rústico (si non o recalifican, claro)
Na Galiza destaca o caso de Pontevedra, onde un particular posee 6,2 hectáreas de chan edificable, modesto si o comparamos co caso murciano, como máis modestos son tamén son os casos de corrupción investigados pola Xustiza no Grove, en Tomiño, en Sanxenxo, en Gondomar... e nos que tamén se aprecia unha preocupante tendencia de persoas próximas ó PP a ser investigados e denunciados por presunta corrupción.

Pero seguro que todo son coincidencias e casualidades, achacables a estes tempos pre-electorais. Ou polo menos eso pensan algúns.

No hay comentarios.:
Publicar un comentario