lunes, 10 de septiembre de 2007

HAPPY BIRTHDAY


O venres día 7 de setembro fixo nove anos da constitución da compañía “Google Inc.”, por Larry Page e Sergey Brin, dous estudantes de postgrao que comenzaran a mellorar o seu buscador BACKRUB, tras rebautizalo como GOOGLE.

Semanas antes conseguiran os fondos e unha sede no garaxe dunha amiga de Brin (unha constante na historia da informática, a querencia dos seus emprendedores polos garaxes), onde instalaron varias liñas telefónicas, un cable-módem, unha liña DSL e unha praza de aparcamento para o seu primeiro empregado, Craig Silverstein.

E porqué esa data? Pois por nada en especial: Tiñan un cheque de 100.000 dólares de Andy Bechtolsheim (cofundador de Sun Microsystems e vicepresidente de Cisco Systems e un dos que creron naquel proxecto de dous estudantes de doctorado da Universidade de Standford) a nome de “Google Inc.”, que estivo varias semanas sin poder ser cobrado á espera da constitución da compañía… total, ¿qué son 100.000 dólares?.

Actualmente Silverstein é director de Tecnoloxía. A amiga, Susan Wojcicki, que acabou vendendo a casa enteira á compañía, é vicepresidenta de Xestión de Producto.

Que sirvan estas liñas como saúdo ós nosos amigos doctorandos: Queridísimo Óscar, cando precises dun garaxe acórdate de nós. Cando precises un cheque de cen mil dólares acórdate da Bonoloto.

A foto é dunha carcasa para discos duros feita con pezas de LEGO, daqueles tempos pioneiros da compañía.

No hay comentarios.: