Rectificar é de sabios
Onte a Ro non se lle ocurríu nada millor que facer dous posts (que xa hai que estar chinada pra adicarlle dous posts) ó tema do pazo de Meirás…
Dende aquí quero pedir desculpas polo desliz.
PERDÓN PERDÓN PERDÓN PERDÓN PERDÓN
Foi un momento de debilidade. Descúlpennos.
Se fose hoxe non o tería feito.
Ela hoxe xa sabe que ese é un tema deses tipejos do BeNeGé... eses que van collidos da man cos da ETA...
Dende aquí damos as grazas a Tele5 polos seus programas in-formativos.
Mentras Ro se deixaba levar pola cega paixón, eu falaba do comezo do curso, e dicía que neste blog fálase o mesmo de mochilas que de festas gastronómicas, pois ben hoxe vou falar de anatomía humana.
Dacordo cos resultados dun estudo, que foi coordenado por David Amodio, da Universidade de Nova York e publicado na Nature Neuroscience, "as persoas de esquerda" presentan caseque o doble da actividade das "de direita" no córtex cingulado anterior, unha pequena estrutura localizada no interior do cerebro, atrás do lóbulo frontal, que parece estar asociada a certas memorias que permiten á mente humana recoñecer as situacións en que é necesário alterar o comportamento habitual.
Esto abre as portas a, mediante un simple electroencefalograma, predicir as súas intencións de voto. Pero claro, e si da plano?



No hay comentarios.:
Publicar un comentario